Concurso de ideas

A Xunta de Galicia convocou no ano 1999 un Concurso Internacional de Arquitectura para realizar a Cidade da Cultura de Galicia no Monte Gaiás en Santiago de Compostela.

A este concurso de ideas presentáronse inicialmente doce propostas de destacados equipos de arquitectura nacionais e internacionais, que finalmente quedaron en once logo da retirada do proxecto de Santiago Calatrava. Os arquitectos que achegaron as súas ideas para definir o complexo arquitectónico e os usos foron Ricardo Bofill, Peter Eisenman, Manuel Gallego Jorreto, Annette Gigon e Mike Guyer, Steve Holl, Rem Koolhaas, Daniel Libeskind, Juan Navarro Baldeweg, Jean Nouvel, Dominique Perrault e César Portela.

De entre todo os proxectos de ideas, elixiuse finalmente como proxecto de obra o deseñado por Eisenman Architects atendendo, segundo o fallo do Concurso, á súa singularidade tanto conceptual como plástica, e á súa excepcional sintonía co lugar.

 
Peter Eisenman
César Portela
Daniel Libeskind
Gigon & Guyer
Jean Nouvel
Juan Navarro
Manuel Gallego
Rem Koolhaas