Steven Holl

Tras estudar en Nova York, Roma e Londres, Holl abriu en 1976 o seu propio estudio de arquitectura en Nova York, pero non foi ata 1991 cando lle chegou o recoñecemento internacional coa construción dun innovador edificio de apartamentos en Fukuoka (Xapón).

Con certas semellanzas co estilo de Einsenman, a súa obra salienta polo uso do cubo fragmentado e a modulación do espazo e a luz. A través de aperturas en esquinas, bordos e caras de estruturas cuboides, subliña cualidades de pregue e continuación.

Entre as súas obras cómpre salientar a Capela de Santo Ignacio de Seattle (Washington) e o Museo de Arta Contemporánea de Helsinki. O MOMA realizou unha mostra das súas obras en 1991 e recibiu galardóns como o AIA de Honra, a Gran Medalla de Ouro da Academia de Arquitectura Francesa ou o galardón concedido pola revista Time ao mellor arquitecto de América.

Steven Holl Architects [www]

 

Proposta para a Cidade da Cultura

 

A dinámica aberta da nova Cidade da Cultura exprésase en plans de fusión. As institucións trascenden en entidades autónomas, fusiónanse da mesma maneira en que evoluciona a cultura: a música coa poesía e a ópera, a literatura co cinema e a historia.

A historia, o estado ou acción de unirse, xunta os diferentes programas do complexo en cristalizacións potenciais. É unha unión programática e dinámica con conexións flexibles que se superpoñen. Os cambios no programa fusiónanse coas torsións na planta e na sección.

A expresión dunha función de edificio diferente doutra sintetízase na arquitectura de cristal. Os corredores e as conexións entre zonas culturais chegan a ser un catalizador importante.

Imaxínase unha arquitectura de cristal transparente e branco translúcido, que emerxe da pedra verde galega. As paredes dobres de cristal, avanzadas en termos ecolóxicos, reciclan o aire no inverno e despiden o aire refrixerado no verán.

A nova Cidade terá así unha arquitectura realmente única como expresión dinámica de fusión cun núcleo aberto, un motor da cultura.