O mércores 27 de xuño terá lugar na Cidade da Cultura o Encontro Sectorial Agro-Gandeiro, enmarcado na Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia.
A Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia é unha ferramenta que, mediante solucións naturais, consegue eficazmente unha serie de obxetivos ecolóxicos, económicos e sociais. Os recursos dos que dispoñemos na natureza non son inesgotables, polo que a súa explotación e uso debe ser sostible e proporcional. Na práctica, a infraestrutura verde constitúe unha rede de zonas naturais e seminaturais planificadas estratexicamente, ademais doutros elementos ambientais, cuxo fin é xestionar os servizos proporcionados polos ecosistemas da forma máis sostible en termos ambientais e económicos. Esta práctica pódese dar tanto en entornos rurais coma urbanos.
Para asistir ao encontro, debido a cuestión loxísticas e de organización agradécese que aquelas persoas interesadas comuniquen o seu interese escribindo un correo electrónico a: infraestructuraverde.iet@xunta.gal ou inscribíndose na seguinte ligazón: https://goo.gl/mT6aVe
Pode consultarse e descargar o programa na seguinte ligazón: Programa Encontro Sectorial Agro-Gandeiro. Calquera dúbida en relación a este proceso participativo pode ser dirixida a este mesmo enderezo electrónico, ou no teléfono 608.201.251.
























