A Cidade da Cultura acolle os vindeiros 26 e 27 de maio Dielectro Enerxía - Calefacción, Fontanería, Energías Renovables y Climatización, o maior evento de distribución do ano en Galicia. Un punto de encontro entre fabricantes líderes en cada categoría de produto, o líder da distribución profesional en Galicia e os profesionais do sector. Durante dous días, os principais provedores e líderes do sector exporán produtos e presentarán as solucións máis innovadoras, sobre tendencias de futuro e oportunidades de negocio.
Dielectro Enerxía vai dirixido a aqueles profesionais dinámicos, que no esperan a que lles veñan as oportunidades, senón que as buscan ou as crean activamente, á vez que contribúen a desenvolver a sociedade que lles rodea, aportando progreso e innovación no seu quefacer profesional.
| 948.41 KB |






















