Día do Camiño 2023

Os Concellos de Boqueixón e Vedra, en colaboración co Camiño Xacobeo de Inverno, organizan unha ruta entre o Pico Sacro e a Cidade da Cultura para conmemorar o Día do Camiño. A ruta terá lugar o sábado 7 de outubro e haberá dúas distancias con dous puntos de saída diferentes:

  • ás 9:30 horas do Pico Sacro, para percorrer 16,5 km
  • ás 11:30 horas da Susana, para percorrer 9,3 km

A inscrición na ruta inclúe visita guiada para coñecer a Cidade da Cultura, degustación de produtos de Boqueixón e Vedra, así como autobús de volta ao punto de partida. As anotacións poden formalizarse chamando ao 981 81 48 91 ou enviando un mail a casadospeons@concellodevedra.gal.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI