Despunte 2024

A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo (EASDMM) celebra a XXIII edición de Despunte o 29 de febreiro na Cidade da Cultura para amosar o traballo realizado como parte do Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Moda da escola. O encontro, ao que asistirán máis de 500 persoas, está integrado por dúas partes principais: Despunte e Miscelánea. Unha terceira parte permitirá amosar unha escolma dos traballos desenvolvidos dentro do Ciclo Superior de Xoiaría Artística. Este ano únese ademais unha pequena exposición cunha selección dos mellores proxectos finais desenvolvidos no resto de especialidades impartidas na EASDMM. A conductora da gala será a presentadora e modelo Diana Nogueira. Pola mañá haberá unha xornada de reclutamento de talento, na que empresas do eido téxtil entrevistarán ao alumnado egresado.

Desfile e exposición

O desfile de Despunte abrangue 27 coleccións dos Traballos Finais de Estudos do alumnado que vén de graduarse, cunha temática completamente libre. A sección Miscelánea fai referencia ás microcoleccións e proxectos en xeral desenvolvidos no 3º curso da titulación, tamén cunha temática moi variada.

O Ciclo Formativo de Grao Superior en Xoiaría Artística participará nesta edición no desfile a través de pezas escultóricas adaptadas ao mesmo. Serán máscaras, coroas, colares, pendentes… todas elas cun punto en común: a aplicación de encaixe de Camariñas. Pola súa parte, o alumnado de cursos inferiores colabora en actividades varias da organización, de xeito que poidan adquirir unha visión global do que supón a organización dun evento coma este, tanto de portas para adentro no backstage, como de portas para fóra desde a pasarela.

Por primeira vez, paralelamente ao desfile haberá tamén unha exposición integrada polos tres mellores proxectos fin de estudos do resto das especialidades que tamén se imparten na Escola: deseño de produto, fotografía, técnicas escultóricas e xoiería artística. O alumnado do Ciclo Superior de Fotografía encargarase de cubrir graficamente o evento.

Premios

Compatibilizaranse os habituais premios (Mellor Colección na categoría Despunte, patrocinado por Roberto Verino; Mellor Colección na categoría Miscelánea, patrocinado por Naf Naf Santiago e Aquelando Eventos; e Mellor Colección Fusión Artesanía e Moda, patrocinado por Artesanía de Galicia) cun Premio ao Mellor Proxecto Sostible, patrocinado por Signus Ecovalor, e galardóns aos mellores Proxectos Finais das demais especialidades impartidas na EASDMM, patrocinados pola Axencia Galega de Innovación, Artesanía de Galicia, González Almacén, e o Colexio Oficial de Xoiaría. O Dpto. de Dinamización da Lingua Galega da Escola tamén premiará o mellor Traballo Fin de Estudos que poña en valor a cultura galega.

Debido ao limitado do aforo, só se poderá asistir mediante invitación. O día 27 de febreiro poñeranse a disposición os convites para o público xeral a través da web da EASDMM. Toda a información a respecto dos convites anunciarase exclusivamente a través da web e das rrss da Escola.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h