O Museo Centro Gaiás acolle o vindeiro venres, 3 de novembro, o desfile anual DESPUNTE, no que o alumnado das Ensinanzas Superiores de Deseño de Moda do EASD Mestre Mateo presentará ao público as coleccións creadas para os seus Proxectos Finais de Estudos.
Despunte abrangue as coleccións dos Traballos Finais de Estudos do alumnado que vén de graduarse, para presentalo ao eido profesional. A temática dos Traballos Finais é totalmente libre: un ano máis Despunte amosará sobre a pasarela coleccións moi diferentes. Doce coleccións nas que compartirán pasarela o escuro e o luminoso, o artificial e o natural, o liso e o estampado, o minimalismo e o maximalismo, a tradición e a innovación, desde Europa até norteamérica, pasando por África e O Xapón.
En que consiste Miscelánea?
A sección Miscelánea fai referencia ás microcoleccións e proxectos en xeral desenvolvidos no 3º curso da titulación -non entanto, o desfile global preséntase baixo o nome de Despunte, xa que o obxectivo principal da cita é presentar ó alumnado recén titulado ó eido profesional-.
Este ano Miscelánea fornécese do traballo de trece alumnas que facendo uso da interrelación entre disciplinas amosarán proxectos ben diferentes nos que a artesanía, o material de refugallo, a coidada patronaxe, a utilización de tecidos con tinguidos e estampados persoalizados... aportan valor engadido ás prendas, sendo unha boa mostra das posibilidades do alumnado.
Participación da titulación ó completo
O alumnado de cursos inferiores (fundamentalmente 1º e 2º) colabora participando en actividades varias da organización, de xeito que ó rematar á carreira un alumno ten unha visión global do que supón a organización dun evento coma este, tanto de portas para adentro no backstage, como de portas para fóra desde a pasarela.
Interdisciplinariedade con outras titulacións da escola e da contorna
O alumnado do Ciclo Superior de Fotografía que se imparte na propia EASD Mestre Mateo encargarase de cubrir graficamente o evento. Máis de 20 reporteiros gráficos que se encargarán de rexistrar cada instante. Tamén colabora co desfile o alumnado do Ciclo Formativo de Imaxe Persoal do CIFP Someso, asistindo no peiteado e maquillaxe dos modelos. A interrelación de estudantes de distintos campos é un valor engadido na organización do desfile que permite ó noso alumnado unha visión máis rica e ampla.
Presenza do tecido empresarial galego
Dado que o obxectivo principal é presentar ó alumnado recén graduado ó eido profesional, convídase todos os anos ó tecido empresarial galego. De feito este ano, un dos membros do xurado que decide cal é a mellor colección Despunte -distinción dotada con 600€ e patrocinada por El Corte Inglés- forma parte do departamento de recursos humanos de Inditex, quenes xa teñen acompañado en edicións anteriores. Moitas destas empresas colaboran ademais co centro nas prácticas obrigatorias que teñen lugar durante o 4º curso.
Empresas colaboradoras das Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Moda: Adolfo Domínguez, Ana Muñiz, Atexga, Bimba y Lola, Caramelo, Carmen Vazquez, CDP. Cuestión de Piel, Cointega, Comercial Textil Saroni, Confecciones Guerral, CTVMedia, D`aquela, D-due, Elsavadeboda, EmeMode, Encuentro Moda, Etiem Textil, Páxina 3 de 4 EASD Mestre Mateo Virxe da Cerca, 32. 15703 Santiago de Compostela 981587757 Florentino, Gallupo Sport Clothes, Grupo Inditex, Itmen, Kusilas, María Barros, Nanos Moda, Monsardi Gonzabell, Pili Carrera, Poe&You, Producción Atlántida Media, Roberto Verino, Sociedad Textil Lonia (Purificación García + CH Carolina Herrera), Selmark, Unipeku (Idoia Cuesta), Vilagallo Retail, Viriato, Zenit Tv...


























