Cybersec@Gal

Cybersec@Gal é o primeiro foro galego sobre seguridade na empresa dixital, impulsado pola Cátedra R en Ciberseguridade (desenvolvida en colaboración coas universidades da Coruña e de Vigo) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, o CPEIG. O evento consiste en catro xornadas de obradoiros, ciber-desafíos e charlas, nas que se falará de solucións, normativas, desafíos e ameazas para a seguridade na contorna dixital. Está dirixido, por unha banda, a estudantes e recentemente licenciados e, pola outra, ao ecosistema empresarial, da man de expertos estatais e internacionais que exporán diversos aspectos no terreo da seguridade TIC.
Durante a

O obxectivo deste encontro, liderado polas principais entidades galegas, é formar e informar sobre a normativa, solucións, retos e ameazas no campo da seguridade no universo Dixital.

Nas tres primeiras xornadas celebraranse talleres en distintas sedes das universidades e na AMTEGA, onde se presentarán ciber-Retos nos chamados niveis nup e prol.

A cuarta xornada, orientada ao ecosistema empresarial galego, contará con expertos locais e internacionais que participarán en diferentes mesas redondas. Durante a pausa do café presentaranse os traballos desenvoltos ao longo das dúas primeiras xornadas nas Universidades da Coruña e de Vigo na contorna da Ciberseguridade. Os premios entregaranse na xornada de peche, o 17 de outubro, ante as empresas asistentes e representantes de escolas universitarias

Cybersec@Gal desenvolverase na sede da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo e na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (días 14 e 15 de outubro), e na Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura (16 e 17 de outubro).

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI