Curso de Antropoloxía Social e Cultural Galega

Trebum Cultura organiza a partir deste mes de outubro na Cidade da Cultura o "Curso de Antropoloxía Social e Cultural Galega", destinado a todas aquelas persoas que queiran iniciarse no eido do patrimonio inmaterial galego. O curso é de especial interese para estudantes do grao de antropoloxía, pero está aberto a alumnado doutras disciplinas, así como a todas as persoas que desexen recibir formación antropolóxica e, especificamente, nos campos da mitoloxía, etnomedicina, crenzas e relixiosidade popular da cultura tradicional galega.

Estrutúrase en dous módulos independentes, "Mitoloxía e festas rituais do ano" e "Etnomedicina e relixiosidade popular", de 27 e 18 horas respectivamente. O primeiro módulo impartirase os martes de 17:30 a 20:30 horas do 16 de outubro ao 11 de decembro de 2018. O segundo será do 15 de xaneiro ao 19 de febreiro de 2019, tamén os martes no mesmo horario. As clases serán no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.

O "Curso de Antropoloxía Social e Cultural Galega" será impartido por Rafael Quintía Pereira, licenciado en Antropoloxía Social e Cultural e en Ciencias Económicas e Empresariais. Escritor, documentalista e músico tradicional, traballa como antropólogo profesional na empres AB ORIGINE. É membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e vicepresindente da Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO).

Investigador, profesor e divulgador nos campos da antropoloxía e da historia de Galicia. As súas liñas de investigación céntranse no patrimonio inmaterial, fundamentalmente, no estudo da etnomedicina galega, no campo da mitoloxía popular e no mundo das crenzas máxico-relixiosas e da relixiosidade galaica ao longo da historia. Os resultados do seu traballo víronse reflectidos na publicación dunha ducia de monografías, na realización de sete documentais etnográficos e históricos e en múltiples artigos.

Durante estes anos o seu traballo de investigación foi galardoado con catro premios de investigación e ensaio: Premio Ferro Couselo de Investigación (2017), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016), Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e Premio de investigación Luís Cuadrado (2010). Ademais, é Premio Lingua de Ouro 2017 da Asociación Queremos Galego Marín.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas
3 - 5 Mai 2024
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h