Cultivando o Emprego, semente para a inclusión

Despois de dous anos de presenza en Galicia, Acción contra el Hambre organiza a xornada Cultivando o emprego, semente para a inclusión. Será o mércores 9 de maio na Cidade da Cultura.

O evento ten como obxectivo dar a coñecer os programas que a entidade está a desenvolver en Galicia ao amparo do Proxecto Vives, así como os resultados obtidos, presentar ás entidades colaboradoras e compartir impresións cos seus e as súas protagonistas; compartindo experiencias, leccións aprendidas e posibilidades de transferibilidade.

Trátase dun encontro dinámico e participativo, onde coñecer de primeira man en qué consisten as iniciativas de Acción contra el Hambre e o impacto que as accións desenvolvidas están a ter nas persoas beneficiarias.

O programa da xornada organízase en dous bloques. Por unha banda, durante a mañá terán lugar unha serie de mesas redondas sobre distintos temas. Na mesa técnica inaugural trataranse experiencias de traballo en rede para a inclusión, así como experiencias en primeira persoa dos participantes no Proxecto Vives. A continuación tratarase, nunha segunda mesa redonda, a responsabilidade social empresarial na inclusión sociolaboral. Xa a derradeira mesa da mañá tratará o tema de "Muller e Economía Verde", na que se abordarán experiencias e oportunidades de emprendemento feminino neste sector económico. A secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, participará ás 12.30 horas nesta mesa redonda.

Xa pola tarde, terán lugar cinco obradoiros simultáneos, destinados aos mozos e mozas participantes do Proxecto Vives, dirixidos a complementar a súa formación en diversos aspectos, como habilidades de networking e creación de contactos, habilidades para a inserción sociolaboral, procesos de selección de persoal ou estratexias de diferenciación no mercado laboral.

 
 
Programa de "Cultivando o Emprego, semente para a inclusión"
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h