Club das lerchiñas | Ledicia Costas

Ledicia Costas é unha autora viguesa que se dedica profesionalmente á literatura. O ámbito onde é máis prolífica é no da literatura infantil e xuvenil, con 15 obras publicadas. Ten libros traducidos a diversas linguas coma o coreano, italiano, búlgaro, romanés ou persa. É na súa faceta de escritora infantil e xuvenil onde acadou un maior recoñecemento.

A súa obra máis premiada é Escarlatina, a cociñeira defunta, libro que superou os 30.000 exemplares vendidos en lingua galega, onde desmitifica o tema da morte. Con Escarlatina acadou premios coma o Merlín ou o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, ademais de ser incluído na prestixiosa Lista de Honra do IBBY. A obra xuvenil Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta foi recoñecida co Premio Lazarillo, o máis antigo de todo o Estado, e o Premio White Ravens, que concede a Biblioteca de Munich. Coa novela A balada dos unicornios volve gañar o Premio Lazarillo, ademais do Premio Kelvin 505 á mellor obra de fantasía publicada en España, concedido polo Festival Celsius.

Na súa faciana de escritora para adultos ten publicado o libro de relatos Un animal chamado néboa, Premio Losada Diéguez, e a novela Infamia, publicada en galego por Edicións Xerais e en castelán por Destino.

Os seus últimos títulos son Conexión Macarrón e Vampira de Biblioteca.

SINOPSE DE CONEXIÓN MACARRÓN

A Espe e a Rino non lles gustan nada os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa.

Díxolles que era Expósito e que vivía no seu mesmo edificio, no noveno andar. Todo nel lles pareceu sospeitoso: o sombreiro dáballe voltas sobre a cabeza, os seus ollos brillaban cunha potente luz branca, e nalgún momento confesou que tiña antenas.

Estaba claro que non era un «Expósito», era un extraterrestre! Que ían facer agora que coñeceran un extraterrestre de verdade?

 

 
 
26 XUÑ - 25 OUT
De 10 a 20 horas
XUL, AGO, SET
De martes a domingo
ATA O 30 SET
De 9 a 21 horas
22 XUL 2020 - 10 XAN 2021
De 10 a 20 horas
SETEMBRO 2020
CANCELADO
2 OUT 2020 - 17 XAN 2021
De martes a domingo | De 10 a 20 h
10 OUTUBRO
17 HORAS
17 OUTUBRO
18 HORAS
6 NOV - 4 ABR
De 10 a 20 horas