Cidade Imaxinaria 2026

Seres fantásticos, circo, danza, música, casas rodantes, xogos... todo isto e moito máis é o que che agarda en Cidade Imaxinaria o vindeiro sábado 5 de setembro de 17,00 h. a 20,00 h. 

Unha tarde de sábado para pechar o verán por todo o alto. Espectáculos fixos, itineracias, zonas de xogos e estimulación da creatividade. Haberá tamén un espazo gastronómico para familias.

Celebrada entre 2011 e 2019, a Cidade imaxinaria é unha das citas clásicas da programación infantil do Gaiás, congregando a milleiros de familias ao longo das súas once edicións previas. En 2023 retomouse tras un parón durante e pandemia e no 2024, a diferencia doutros anos, as actividades concentraranse nunha xornada de tarde. 

 
En familia