Club das lerchiñas | María Lado & Lucía Aldao

Po e Xía  é un conto creado polas poetas María Lado, que se encargou da escrita, e Lucía Aldao que fixo as cancións. Con el, as escritoras queren homenaxear a todas as autoras e autores que coas súas obras converten a infancia nun territorio especial e único. Está dirixido a nenas e nenos a partir de seis anos.

SINOPSE DE PO E XÍA


Po e Xía son as mellores amigas e por iso sempre andan xuntas, tramando algunha aventura disparatada. Hai quen pensa que son un pouco fedellas, pero a verdade é que o cole non sería o mesmo sen elas. As súas parvadas fan rir a toda a clase! Ben, a toda toda a clase non... A súa mestra non adoitan facerlle tanta graza as súas ocorrencias e por iso pasan máis recreos castigadas que no patio.
 
A elas non lles importaría se non fose que desta vez as deixou na bilblioteca, rodeadas de aburridísimos libros. Pero Po e Xía prométense a si mesmas que non han tocar nin un só daqueles libros apestosos. Serán quen de facelo? Tal vez se esa fose unha biblioteca común, se non habitase alí un ratiño poeta...
 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta