Club das lerchiñas | Andrea Bayer

 

Andrea Bayer é coñecida como contadora de historias, actriz, guionista e directora de teatro. Comezou a súa andaina no ano 1999 e como contadora participou nos inicios de varios proxectos de animación á lectura, como son O salón do libro Infantil e Xuvenil e Pontevedra e A hora do conto de Pontevedra, ademais de recibir unha Mención de honra pola súa historia Dona Margarita e lúa

Tamén foi nomeada aos premios MAX 2013 na categoría de autoría teatral galega, e recibiu varios premios de teatro entre eles o Premio ao mellor espectáculo Infantil na XVIII Feria de Ciudad Rodrigo foi nomeada aos Premios María Casares e recibiu o Premio Barriga Verde 2014.

SINOPSE

Andrea ea ea vén hoxe acompañada dun ser moi especial, do seu inseparable amigo Roque
Roquiño, e entre os dous conquistarán os corazóns de todas as nenas e todos os nenos cun
contiño moi lerchiño.