Asamblea Tesgal

O 16 de xullo a Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo, TESGAL, celebra na Cidade da Cultura a súa Asemblea Xeral ordinaria. Será ás 16 horas no salón de convencións do Edificio CINC.

TESGAL é unha asociación sindical que nace coa pretensión de xuntar a todos os profesionais técnicos dos espectáculos ao vivo; para lograr unha maior efectividade na promoción e na defensa dos seus intereses profesionais comúns. Está aberta a todos aqueles traballadores que desenvolvan a súa labor profesional nas tarefas técnicas dedicadas ao mundo do espectáculo e os eventos en directo (técnicos de iluminación, son, vídeo, rexiduría, backline, rigging, montaxe de estruturas, ou persoal auxiliar); así como aos estudantes que cursen os seus estudos nesta dirección. Ten ámbito autonómico, aínda que se mantén en contacto con outras asociación do resto do estado. Forma parte tamén da Plataforma Estatal de Asociacións de Técnicos do Espectáculo (PEATE), plataforma que aglutina á maioría de asociacións e sindicatos de técnicos de España.

TESGAL ten como fin visibilizar e dignificar a profesión técnica; así como acadar melloras relacionadas coas condicións de traballo, a conciliación laboral ou a igualdade de xénero real e efectiva. 

 

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI