Acto entrega Premio Arume

O Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura acolle a entrega do Premio Arume de Poesía para a Infancia 2023, do que resultou gañador o músico, docente e escritor ourensán Pablo Nogueira Campo coa obra Versos (a)variados.

No mesmo acto presentarase o libro gañador da anterior edición do Premio Arume, Os verso da mariola, de Antón Cortizas, publicado por Edicións Embora.

O Premio Arume de Poesía para a Infancia foi creado por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil e tivo a súa primeira edición hai máis de vinte anos. No ano 2021 retomouse a convocatoria do galardón como unha iniciativa conxunta entre GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil),  a empresa Deleite e a Fundación Xosé Neira Vilas.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
1 Ago — 6 Set 2026
De martes a domingo
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada