5ª Asamblea Xeral do Programa de Ciencias Mariñas

A Cidade da Cultura acolle o 13 de decembro a celebración da 5ª Asemblea do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia, co título «Avances fronte aos desafíos identificados e encontro cos sectores do mar». Nesta ocasión contarase coa participación da comunidade investigadora do Programa e representantes dos diferentes grupos de interese externos (administración, empresa e industria, academia, sociedade), aos que se ofrecerá unha visión integrada do alcance do Programa e dos principais resultados que está a acadar, así como de escoitar a novos actores e identificar oportunidades de colaboración.

O Programa de Ciencias Mariñas de Galicia está dotado con 10 millóns de euros, 6 millóns achegados polo Ministerio de Ciencia e Innovación mediante os Fondos do Programa Next Generation EU, e 4 millóns da Consellería do Mar, Xunta de Galicia, a través do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (Fempa).

A súa finalidade é transformar e mellorar a resiliencia da Galicia do mar, coordinando e impulsando o labor de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e o diálogo entre o sector científico e de innovación e a sociedade galega. Esta dirección estratéxica céntrase na ciencia mariña e busca fomentar a colaboración entre a comunidade investigadora galega e os axentes sociais, económicos e institucionais vinculados ao mar.

Coordinado polo IIM-CSIC, Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, e do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM), o Programa conta coa participación do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), Instituto Galego de Formación Acuícola (IGAFA), MeteoGalicia, o Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC), o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade da Coruña (UdC).

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI