Sala de prensa

 
Santiago, 20 de Novembro de 2020

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta, José Luis Mira, chamou a atención esta mañá sobre a innovación que se está a desenvolver desde os centros de ensino galegos, presentando como exemplo os proxectos maker dos 14 centros de primaria, secundaria e formación profesional que se presentan hoxe na xornada educativa da Maker Faire Galicia 2020.

Santiago, 18 de Novembro de 2020

A Xunta de Galicia expón no Hall de tirantes do Museo Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, as dez obras finalistas da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea 2020. A mostra destes murais estará aberta ao público ata o vindeiro 21 de decembro, en horario de 10:00 ás 20:00 horas de luns a domingo.

Santiago, 18 de Novembro de 2020

A Xunta de Galicia ofrecerá na Cidade da Cultura a representación de Golpes, un monólogo teatral contra a violencia machista producida pola compañía galega aAntena e que está interpretado pola actriz Estíbaliz Veiga. A peza escenificarase no Museo Centro Gaiás o vindeiro martes, día 24 de novembro, ás 20 horas con entrada de balde, previa retirada de convite desde hoxe mesmo en ataquilla.com.

Santiago, 12 de Novembro de 2020

A Xunta de Galicia vén de transformar as Torres Hejduk da Cidade da Cultura nun banco sonoro e visual de memorias, pegadas e experiencias do Camiño recollidas durante este ano 2020, marcado pola pandemia da covid-19. Faino a través da intervención artística efémera A distancia da imaxe, que foi inaugurada esta mañá polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, nun acto que contou tamén coa presenza do director institucional territorial noroeste do Banco Sabadell, Manuel Prol, en representación da Fundación Banco Sabadell –entidade colaboradora con esta iniciativa–.

Santiago, 10 de Novembro de 2020

A Cidade da Cultura, transformada nesta ocasión nun entorno virtual en 360 graos, acolle un ano máis a Maker Faire Galicia, que estrea un formato totalmente en liña no que argalleiros e argalleiras de seis países diferentes –España, Francia, Portugal, México, Colombia e o Brasil– presentarán os seus proxectos. A través dunha plataforma dixital que recrea o Museo Centro Gaiás, as persoas asistentes poderán interactuar con makers de todas as idades, ademais de participar en obradoiros e asistir a charlas e mesas redondas con referentes nacionais e internacionais.

Páxinas