A Xunta de Galicia impulsou hoxe na Cidade da Cultura de Galicia unha iniciativa no marco do Día do Libro coa representación de As enxeñosas do Fidalgo, unha narración musicada para cativada da primeira tradución completa ao galego do Quixote, realizada por un equipo de lingüistas dirixido por Valentín Arias, do que formaba parte a súa filla, Xela Arias, homenaxeada coas Letras Galegas 2021.
A Cidade da Cultura xa ten inscritos, neste intre, a 2.000 estudantes paras as visitas didácticas por videoconferencia á exposición Faraón. Rei de Exipto, que comezaron a emitirse ás aulas esta mesma semana. O Museo Centro Gaiás abriu o pasado 6 de abril as inscricións para que os centros de ensino participen destas emisións en liña, tanto para esta mostra como para a da selección cromática dos fondos da Fundación Rosón de Arte Contemporánea (Rac), Os brancos segredos do seu ventre.
O ciclo Clásicas desfeitas organizado pola Xunta de Galicia ofreceu hoxe no Museo Centro Gaiás a súa última peza, para a que se esgotaron todas as entradas. Os textos de Orlando, de Virginia Woolf; O mito de Sísifo de Albert Camus; e A consagración da primavera de Stravinsky inspiraron a Gena Baamonde, Rut Balbís e Manuel Lago para artellar unha versión colectiva destas obras a través da danza.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura a exposición Faraón. Rei de Exipto, composta por 140 pezas das coleccións do British Museum, un dos máis prestixiosos e visitados museos do mundo.
O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe nas Torres Hejduk O perpetuto tránsito cara ao presente, unha intervención artística do enxeñeiro forestal Miguel Moreno Mateos (Madrid, 1978), quen reconstrúe un orixinal sistema de rego, composto por 17 esferas de cristal de diferentes tamaños e feitas artesanalmente, en cuxo interior hai material orgánico (minerais, crustáceos, pedras...).
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- 98
- …
- seguinte ›
- última »




