A Cidade da Cultura de Galicia bota a andar hoxe a celebración dos Magostos no Gaiás co concerto de Luar na lubre, ao que asistirá o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.
O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura transfórmase este novembro no espazo virtual que acollerá a Maker Faire Galicia, que na súa sexta edición estrea un novo formato totalmente en liña. O encontro volverá ser un grande escaparate para a creatividade e o enxeño, pensado para todos os públicos, ao que neste ano atípico se accederá de maneira remota desde calquera punto do planeta.
A Cidade da Cultura de Galicia ofrecerá o sábado 7 de novembro un obradoiro de balde de pandeireta co prestixioso músico Xabier Díaz, dentro da programación de actividades dos Magostos no Gaiás 2020, que nesta edición celebraranse coas actuacións de Luar na lubre, Sumrrá e Milladoiro o 24 e 31 de outubro e o 14 de novembro, respectivamente.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou esta mañá que o Fontán, o edificio que completará o proxecto da Cidade da Cultura de Galicia, estará rematado na primavera de 2021.
A Xunta de Galicia converterá a Cidade da Cultura nun efémero cinema de outono para proxectar as tardes dos domingos 18 e 25 de outubro e 1 e 8 de novembro un pequeno ciclo familiar cos filmes Inside out, Le Havre, Ma vie de courgette e
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- …
- seguinte ›
- última »




