A Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego (CDG) amosan ao público este mes de marzo os proxectos artísticos Clásicas desfeitas, coproducidos por ambas institucións da Xunta de Galicia no marco do programa das Residencias artísticas do Gaiás (REGA) 2021 impulsado polo Goberno autonómico.
O Arquivo de Galicia celebra este ano o Día Internacional da Muller cunha mostra homenaxe á escritora Luz Pozo Garza (1922-2020), que inclúe varias pezas do arquivo persoal que a propia autora doou á Xunta de Galicia, entre as que se atopan fotografías, debuxos orixinais e mesmo correspondencia con escritores claves no seu desenvolvemento literario.
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a programación impulsada pola Xunta de Galicia para conmemorar o décimo aniversario da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, que incluirá cinco exposicións temáticas sobre figuras como as escritoras Emilia Pardo Bazán e Xela Arias ou a ilustradora Lolita Díaz Baliño. Compleméntase, ademais, con retrospectivas sobre a ilustración xacobea e os principais fitos da biblioteca nesta década, así como cunha ampla oferta de encontros e xornadas con escritores.
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe na Cidade da Cultura o lanzamento de REGA: Residencias artísticas do Gaiás, o novo programa da Xunta de Galicia para impulsar a creación artística. A través desta liña de traballo, a Cidade da Cultura porá os seus espazos, recursos e equipos técnicos ao servizo de creadores de dentro e fóra da nosa Comunidade que acudirán ao Gaiás para desenvolver os seus proxectos culturais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- …
- seguinte ›
- última »




