Sala de prensa

 
Santiago, 30 de Marzo de 2019

O encontro Atlantic Emprende + Gaiás, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo para analizar e debater sobre as transformacións e os retos na industria da música e da organización de festivais, arrancou esta mañá no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. O evento, que se desenvolve hoxe sábado durante todo o día, combina relatorios de expertos e expertas do sector, actuacións en directo das bandas galegas Marem Ladson e Mordem, unha exposición de carteis realizados polo recoñecido deseñador catalán Xavi Forné (do estudio Error!

Santiago, 29 de Marzo de 2019
Serán'02. Encontro Galego de Cultura Popular

As bandas de música serán as grandes protagonistas do Serán’02. Encontro Galego de Cultura Popular. O evento, promovido pola Xunta de Galicia para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, volve á Cidade da Cultura de Galicia no vindeiro mes de xuño tras o éxito da súa primeira entrega, que dedicada ao baile e á música tradicional congregou no Gaiás máis de 7000 persoas.

Santiago, 28 de Marzo de 2019

A Cidade da Cultura celebrará o venres 26 de abril un concerto do cantautor brasileiro Gustavo Almeida na Biblioteca e Arquivo de Galicia, dentro do programa de actividades da Dirección Xeral de Políticas Culturais para conmemorar o Día do Libro

Santiago, 28 de Marzo de 2019

Historia, literatura e audiovisual conflúen na exposición Recreando personaxes, que pode verse desde hoxe e ata o 28 de maio no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Santiago, 27 de Marzo de 2019

A Cidade da Cultura de Galicia porá o foco no importante valor do fútbol como ferramenta de inclusión social e superación persoal na mesa redonda organizada para o vindeiro 10 de abril, dentro da variada programación de actividades ao redor da exposición

Páxinas