Sala de prensa

 
Santiago, 19 de Maio de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe os ensaios dos artistas e compañías participantes na sétima edición de Escenas do cambio, o festival de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia que se desenvolve, a partir de mañá e ata o domingo día 23, na Cidade da Cultura. Fíxoo xunto a súa nova directora, Lola Correa.

Santiago, 13 de Maio de 2021

A Cidade da Cultura, transformada nun entorno virtual en 360 graos, acolle un ano máis a Maker Faire Galicia, que chega á súa sétima edición repetindo co formato totalmente en liña estreado en 2020, que a converteu nunha das primeiras feiras maker do mundo realizada integramente a través da rede.

Santiago, 13 de Maio de 2021

A sétima edición de Escenas do cambio −o festival de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura− arranca o vindeiro xoves, 20 de maio, concentrando nunha fin de semana longa (ata o domingo 23) un total de 11 propostas escénicas anovadoras, procedentes de cinco países: España, Portugal, Francia, O Reino Unido e O Xapón e para as que xa están as entradas á venda no web www.escenasdo

Santiago, 06 de Maio de 2021

A Xunta acaba de convocar unha nova edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura – EAN que, co obxectivo de apoiar a arte emerxente e promover a creación contemporánea, ofrece aos novos creadores a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no Gaiás, durante a que compartir experiencias e procesos creativos.

Páxinas