Galicia retoma, tras un ano de pandemia, un dos eventos máis populares da programación institucional das Letras Galegas impulsada pola Xunta, a VII Carreira Camiño das Letras. Sairá o 17 de maio do Pico Sacro e terá como meta a Cidade da Cultura para festexar a lingua galega a través da práctica deportiva e poñer en valor o Camiño de Santiago.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura a terceira edición do ciclo Reb/veladas na paisaxe co que a Xunta de Galicia consolida o seu compromiso de darlle maior visibilidade á presenza da muller na arte e contemporánea.
A Cidade da Cultura está a celebrar esta fin de semana unha xincana para familias co obxecto de darlles a coñecer de xeito divertido a Vía da Prata, ruta do Camiño de Santiago que transcorre paralela ao Monte Gaiás, xa que entra a Santiago polo barrio compostelán de Sar.
O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe na Cidade da Cultura o programa de actividades divulgativas e de lecer da exposición Faraón.
Un total de 25 mozas e mozos galegos menores de 30 anos comezan hoxe o curso formativo Videoxogos e emprendemento, un programa de sete semanas de duración promovido pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Xunta –a través da Fundación Cidade da Cultura– e a Fundación Incyde. A iniciativa proponse promover o éxito empresarial entre os participantes, xa sexa a través de novas oportunidades de crecemento profesional ou apoiando o nacemento e consolidación de novos proxectos de negocio e a creación de empresas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- …
- seguinte ›
- última »




