O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, anunciou esta mañá a celebración o próximo mes de novembro de Carta de Santiago, un encontro internacional impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Paideia Galiza no marco do Xacobeo 21-22, que nace coa vocación de converterse nun gran espazo de reflexión para dar resposta aos desafíos globais que enfronta a sociedade despois dunha crise sanitaria
A Xunta de Galicia programa para a edición deste ano de Atardecer no Gaiás un total de 16 concertos ao aire libre os xoves e venres, desde o 8 de xullo ao 27 de agosto, e nos que se poderá gozar desde a música urbana, trap, indie, pop, reggaeton, electrónica ata composicións folks e de raíz.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, presidiu esta mañá unha reunión do padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Nela avanzáronse as liñas centrais do que será o II Plan Estratéxico Gaiás 2021-2027, a folla de ruta que se está a elaborar e que marcará a dirección do Gaiás entre 2021 e 2027, nun período que estará marcado pola expansión da súa actividade.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, convidou hoxe as e os coruñeses a coñecer e recoñecer a contribución de Díaz Pardo á esencia da Galicia moderna a través da mostra As miradas de Isaac.
A Xunta de Galicia festexa a tarde de hoxe o Día da Música coa celebración de cinco concertos de artistas internacionais nos espazos exteriores Cidade da Cultura de Galicia, vencellados cada un deles ás cinco rutas do Camiño de Santiago, e para o que se esgotaron todos os convites dispoñibles o mesmo día en que se activaron.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- …
- seguinte ›
- última »




