A Xunta de Galicia, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Fundación Incyde, promove a capacitación profesional de 50 mozas e mozos menores de 30 anos, profesionais no ámbito das industrias culturais, que participaron en dous programas formativos sobre e transformación dixital, xestión empresarial e emprendemento no eido cultural e sobre emprendemento na industria dos videoxogos e a creatividade dixital.
A oportunidade que ten Galicia de especializarse en intelixencia artificial foi un dos argumentos da xornada coa que hoxe comezou a súa actividade o centro GaiásTech da Xunta, que ocupa unha superficie de 500 metros cadrados na Cidade da Cultura.
A Xunta de Galicia festexará o Día da Música a tarde do sábado 26 de xuño coa celebración de cinco concertos de artistas internacionais nos espazos exteriores Cidade da Cultura de Galicia, vencellados cada un deles ás cinco rutas do Camiño de Santiago.
A Cidade da Cultura de Galicia vén de convocar un concurso dirixido a artistas de entre 18 a 40 anos para crear unha obra de arte vinculada co Camiño de Santiago que ocupará un lugar destacado nos exteriores do Gaiás.
A Xunta de Galicia reforza este verán o programa de visitas comentadas da Cidade da Cultura de Galicia con diferentes opcións para coñecer a arquitectura e funcionamento do complexo, as intervencións artísticas e paisaxísticas nos espazos verdes ou os vencellos entre C o Camiño de Santiago. Estes tres novos xeitos de achegarse ao Gaiás veñen a completar a actual oferta de visitas guiadas ás exposicións Faraón.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- …
- seguinte ›
- última »




