A Cidade da Cultura celebrará o vindeiro 5 de novembro o 150 aniversario dun dos libros imprescindibles da literatura universal: Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll. Será nunha nova entrega de Nexos convida..., na que se reciben visitas imprevistas e se conversa con figuras de recoñecido prestixio das letras, as artes e o pensamento.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu esta tarde na Sala Eisenman do Gaiás á entrega dos III Premios ‘Emprende Gaiás-Sixto Seco’, galardóns promovidos pola Fundación Cidade da Cultura para poñer en marcha ideas innovadoras no mundo das industrias culturais. Os premiados desta terceira convocatoria foron a plataforma de consumo colaborativo de equipos e servizos audiovisuais Conetcam, a liña de produtos infantís vinculados ao deseño
FairWay, o I Forum del Camino de Santiago reunirá do 15 ao 18 de outubro en Santiago de Compostela aos principais expertos na Ruta Xacobea e noutras rutas de peregrinación, pero tamén será un punto de encontro para todas aquelas empresas vinculadas cos seus produtos ou servizos ao Camiño de Santiago.
O Museo Centro Gaiás celebra o vindeiro 30 de outubro un novo Magosto no Gaiás, que nesta edición estará dedicada ao baile. Para iso, contará coas actuacións de Os Cempés e os pandereteiros de O Fiadeiro, que estarán precedidas dunha degustacións de castañas da Indicación Xeográfica Protexida ‘Castaña de Galicia’.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mostroulles hoxe o seu agradecemento os patrocinadores da mostra ‘Camiño. A orixe’ que, desde o 13 de marzo ao 13 de setembro, fixo un relato da ruta xacobea a través de 150 obras de arte.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 223
- 224
- 225
- 226
- 227
- 228
- 229
- 230
- 231
- …
- seguinte ›
- última »




