Sala de prensa

 
Santiago, 21 de Novembro de 2014

Luces, cámaras, acción! O Museo Centro Gaiás volve abrir as súas portas coa mostra Cinegalicia25, coa que todos os galegos están convidados a festexar as vodas de prata do noso audiovisual, ao cumprirse 25 anos da estrea das primeiras longametraxes de ficción en galego: Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, Urxa de Carlos A. L. Piñeiro e Alfredo García Pinal, e Continental, de Xavier Villaverde.

Santiago, 17 de Novembro de 2014

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou a programación especial Cinegalicia25, coa que a Xunta de Galicia comparte coa cidadanía a conmemoración do vixésimo quinto aniversario da estrea das tres primeiras longametraxes galegas, Sempre Xonxa, Continental e Urxa, que tivo lugar en novembro de 1989 no marco do encontro Cinegalicia celebrado en Vigo.

Santiago, 14 de Novembro de 2014

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou esta tarde nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura de Galicia a intervención artística Subtextos dun patrón de mantemento do galego Félix Fernández, gañador da II Convocatoria de Intervencións Artísticas aberta a todos os participantes ao IV Encontro de Artistas Novos.

Santiago, 10 de Novembro de 2014

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, acompañado pola familia Sixto-Seco entregou esta mañá os II Premios ‘Emprende Gaiás-Sixto Seco’, promovidos pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Agadic para poñer en marcha ideas innovadoras no mundo das industrias culturais e creativas.

Santiago, 04 de Novembro de 2014

A Biblioteca de Galicia e ABANCA presentaron hoxe o Fondo Bibliográfico desta entidade, cedido ao Gaiás para garantir a súa correcta conservación e o seu uso público. A Biblioteca convértese así en depositaria dunha das coleccións de fondo antigo máis destacadas da nosa comunidade autónoma: unha valiosa biblioteca formada tras unha coidada selección de incunables e obras dos séculos XVI a XIX relacionadas fundamentalmente con materias de Historia e Economía. 

Páxinas