Rosalía de Castro na biblioteca de Agustín Sixto Seco é o título baixo o que se presenta a nova exposición da Biblioteca de Galicia, unha mostra que afonda na presenza da escritora nos fondos da colección do médico e galeguista que se custodia na Biblioteca de Galicia.
Nexos, o ciclo de cultura contemporánea do Gaiás, regresa o vindeiro 17 de outubro cunha nova edición na que volverá buscar establecer un diálogo entre a literatura e outras áreas do coñecemento.
Unha plataforma de consumo colaborativo de equipos e servizos audiovisuais, unha liña de produtos infantís vinculados ao deseño e unha consultoría especializada en innovación e cultura. Estes son os tres proxectos gañadores da terceira convocatoria dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, promovidos pola Fundación Cidade da Cultura para poñer en marcha ideas innovadoras no mundo das industrias culturais, que vén de fallar a consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A partir do vindeiro martes, 1 de setembro, a mostra Camiño. A orixe, en exposición no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, terá entrada de balde.
Cidade Imaxinaria 2015 trasládase ao Museo Centro Gaiás. As previsións de choiva constante para este sábado, 22 de agosto, obriga a cambiar de escenario pero non de programación. De 11 a 21 horas, o Museo Centro Gaiás acollerá os preto de cincuenta espectáculos, xogos e obradoiros previstos para a praza central. Con entrada libre e de balde.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 224
- 225
- 226
- 227
- 228
- 229
- 230
- 231
- 232
- …
- seguinte ›
- última »




