Sala de prensa

 
Santiago, 20 de Xaneiro de 2016

A Cidade da Cultura de Galicia organiza o vindeiro 16 de febreiro a partir das 16:30 horas unha xornada ao redor da figura do fotógrafo galego José Suárez, a quen a Cidade da Cultura lle dedica unha mostra retrospectiva da súa vida e obra no Museo Centro Gaiás baixo o título José Suárez. Uns ollos vivos que pensan.

Santiago, 16 de Xaneiro de 2016

A Cidade da Cultura convida a grandes e maiores ao Baile de Entroido Chinés que se celebrará no Centro de Innovación Cultural o luns 8 de febreiro. A festa, que arrancará ás 17 horas, servirá para darlle a benvida ao novo ano chinés, e contará coa tradicional Danza do León e a música en directo da banda de rock para nenos A Gramola Gominola.

Santiago, 11 de Xaneiro de 2016

A Cidade da Cultura convida a profesionais do sector artístico a participar no Grupo de lectura e acompañamento ao festival Escenas do Cambio, que terá lugar do 28 de xaneiro ao 6 de febreiro da man da investigadora e teórica en artes escénicas Isabel de Naverán e a coreógrafa Idoia Zabaleta.

Santiago, 30 de Decembro de 2015

Ningún dos cinco ten máis de 13 anos, pero xa poden presumir de ter gravado un disco nos míticos estudios Abbey Road de Londres. Son de Pontevedra e chámanse Furious Monkey House, a banda infantil revelación. O seu primeiro álbum "Run" deixa claro que a súa formación musical ten máis que ver cos Smashing Pumpkins ou Nirvana que cos Auryn.

Santiago, 26 de Decembro de 2015

Xa temos os gañadores do concurso de postais Imaxina o teu Nadal no Gaiás. Ante o alto número de propostas recibidas, o xurado valorou a creatividade e a imaxinación dos participantes segundo os seus tramos de idade.

Por categorías, os gañadores desta nova edición de Imaxina o teu Nadal no Gaiás son:

Categoría de 0 a 5 anos

Páxinas