Sala de prensa

 
Santiago, 06 de Maio de 2015

A Cidade da Cultura convida a compartir unha tarde de literatura coa autora arxentina Claudia Piñeiro, coñecida polas súas novelas policiais e autora de libros tan exitosos como Las viudas de los jueves ou Tuya.

Santiago, 05 de Maio de 2015

A Cidade da Cultura celebrará do 8 ao 11 de xuño  unhas xornadas académicas coas que achegarlle aos estudantes de Historia da Arte e profesionais do ámbito museístico os procesos que se agochan tras a montaxe dunha exposición.

Santiago, 27 de Abril de 2015

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acollerá en maio, xuño e setembro Enocións by Ribeiro, ciclo patrocinado pola D.O. do Ribeiro que explora a relación entre as emocións do Camiño, o mundo da arte e a cultura do viño. 

Santiago, 24 de Abril de 2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha o V Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura’, no que setenta creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea ao longo de catro días de convivencia e intercambio de experiencias con outros axentes culturais. 

Santiago, 21 de Abril de 2015

A Cidade da Cultura celebra do sábado 16 ao luns 18 de maio o Día Internacional dos Museos con xornadas de portas abertas e un día enteiro de actividades únicas, divertidas e de balde para toda a familia, baixo o patrocinio de Vodafone, colaborador da exposición Camiño. A orixe. 

Páxinas