Galicia Calidade e a Cidade da Cultura, da man de Correos, convídante a facer o Camiño… a bocados.
A Cidade da Cultura conmemora o vindeiro mércores, 1 de xullo, no Gaiás o centenario da teoría xeral da relatividade de Albert Einstein coa presenza da figura feminina máis importante da Física mundial: a profesora da Universidade de Harvard Lisa Randall.
O Centro de Innovación Cultural (CINC) do Gaiás será o escenario deste encontro científico organizado polo físicos galegos Jorge Mira e José Edelstein, no que tamén intervirá o profesor de Física Teórica da Universidade de Santiago de Compostela (USC) José Javier Mas Solé.
A Cidade da Cultura está a participar en Uruguai no primeiro Encontro de Artistas Novos que se celebra fóra do Gaiás, e no que participan como artistas convidados os creadores galegos Félix Fernández e Jorge Perianes.
A Cidade da Cultura celebra este Verán no Gaiás unha programación especial pensada para todos os gustos e todos os públicos.
O Encontro Artes pola Integración regresa á axenda cultural galega cunha nova edición, a cuarta, que se desenvolverá desde o 25 ao 28 de xuño en diferentes espazos de Santiago de Compostela. A capital de Galicia acollerá por vez primeira este festival, co apoio da Consellería de Cultura e Educación, que constitúe “unha iniciativa importante desde a perspectiva da inclusión social e do propio desenvolvemento artístico de Galicia”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 226
- 227
- 228
- 229
- 230
- 231
- 232
- 233
- 234
- …
- seguinte ›
- última »




