Imaxina o teu Nadal no Gaiás'15

A Cidade da Cultura anima os máis pequenos da casa a ser parte desta festa a través dun concurso de postais no que imaxinar o seu propio Nadal no Gaiás. Participar é moi fácil: colle a plantilla, pinta o teu Nadal no Gaiás e envíanos a postal por correo postal, ao mail online@cidadedacultura.org ou deposítaa no buzón do Museo Centro Gaiás antes do 22 de decembro. As tres máis orixinais recibirán un agasallo da Cidade da Cultura e un pack de entradas familiar para asistir á Merenda de Nadal do 29 de decembro.

Bases

  • Concurso de postais de Nadal dirixido a nenos de 0 a 9 anos en dúas categorías: de 0 a 5 e de 6 a 9 anos.
  • Premios: as tres postais gañadoras de cada categoría recibirán un agasallo da Cidade da Cultura e un pack de entradas familiar para o espectáculo Merenda de Nadal.
  • A postal deberá levar o nome do autor, idade, enderezo, número de teléfono e correo electrónico.
  • As postais poderán enviarse antes do 22 de decembro ás 12:00 horas polos seguintes medios:

1. Correo electrónico á dirección online@cidadedacultura.org
2. Correo postal: Museo Centro Gaiás, Gaiás s/n, Santiago de Compostela. A Coruña.
3. Depositarse no buzón habilitado no mostrador de entrada do Museo Centro Gaiás.

  • O xurado será designado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia a tal efecto e o fallo emitirase o 26 de decembro.
  • A participación nesta convocatoria requerirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases e a decisión do xurado que se teña designado.
  • A Cidade da Cultura poderá difundir a través de calquera dos seus canais as postais presentadas ao concurso.
 
En familia