Sala de prensa

 
Santiago, 09 de Decembro de 2015
Xardín literario no Gaiás

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia iniciará nos próximos días as obras do Xardín Literario, o proxecto deseñado pola arquitecta galega Isabel Aguirre de Úrcola que transformará nun espazo verde dedicado ás letras galegas e ao goce da natureza un dos baleiros dos edificios non construídos do Gaiás.

Santiago, 28 de Novembro de 2015
Nadal no Gaiás

A Cidade da Cultura convida a vivir un Nadal diferente no alto do Gaiás coa programación especial que ten preparada do 19 de decembro ao 2 de xaneiro para gozar en familia.

Santiago, 17 de Novembro de 2015
Findes na balea

A Cidade da Cultura convida aos máis pequenos a subir ao Gaiás durante as fins de semana e converterse en grandes artistas. Será grazas ao programa lúdico Findes na balea, actividades creativas e de balde coa que os nenos poderán experimentar ao redor da fotografía mentres que os maiores terán a oportunidade de achegarse á nova mostra da Cidade da Cultura: José Suárez.

Santiago, 13 de Novembro de 2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida a descubrir a figura do fotógrafo galego José Suárez a través da nova exposición da Cidade da Cultura, que abriu hoxe as súas portas no Museo Centro Gaiás. José Suárez. Uns ollos vivos que pensan preséntase como a maior exposición realizada ata o momento sobre o fotógrafo de Allariz, considerado un dos grandes nomes da fotografía do século XX. 

Santiago, 27 de Outubro de 2015
Homo ludens

A Cidade da Cultura elixe o proxecto Homo ludens de Miguel Benjumea e Román Corbato como gañador da III Convocatoria de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, certame organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e aberto a todos os participantes no V Encontro de Artistas Novos que, desde hai cinco anos, ten lugar na Cidade da Cultura de Galicia todos os meses de setembro.

Páxinas