Sala de prensa

 
Santiago, 07 de Marzo de 2016
Programación Cultural 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anuncia que a Cidade da Cultura, na súa triple liña de traballo no eido da cultura, a tecnoloxía e o emprendemento, desenvolverá este ano 200 actividades culturais nas que participarán 120.000 persoas e organizará un programa de accións destinadas a impulsar o emprendemento en Galicia que permitirá apoiar a 6.000 persoas.

Santiago, 23 de Febreiro de 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere destacar que a revisión que se está a levar a cabo sobre as fachadas de tres dos catro edificios da Cidade da Cultura desde finais do verán pasado non supón custo algún para as arcas públicas nin, polo tanto, para os galegos, e ten como obxectivo mellorar a suxeición da cuarcita que reviste a fachada exterior. Trátase, por tanto, dun exercicio de responsabilidade que consiste en velar polo bo estado dos edificios.

Santiago, 16 de Febreiro de 2016
Spin2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, anunciou esta mañá que a Cidade da Cultura de Galicia será a sede de Spin 2016, o evento de emprendemento universitario máis importante do mundo Iberoamericano, no que participarán un centenar de universidades de España, Portugal e América Latina e no que se distribuirán premios por valor de 100.000 euros.

Santiago, 16 de Febreiro de 2016
Escenas do Cambio 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destaca a proxección das artes escénicas galegas que permitiu a segunda edición de Escenas do Cambio.

Santiago, 12 de Febreiro de 2016

Esta semana abriuse a convocatoria internacional que dá o pistoletazo de saída ao WOMEX 16 que se celebrará na Cidade da Cultura e en Santiago de Compostela do 19 ao 23 de outubro deste ano. Até o 15 de abril, artistas de todo o mundo poderán presentar as súas propostas musicais, que serán avaliadas por un xurado composto por sete experto

Páxinas