Sala de prensa

 
Santiago, 02 de Decembro de 2016
Nadal no Gaiás 2016

A Cidade da Cultura pon en marcha do 23 de decembro ao 4 de xaneiro un Nadal no Gaiás moi musical para gozar toda a familia. Teatro, baile, obradoiros e o tradicional concurso de postais completan a oferta para estas datas na Cidade da Cultura.

Santiago, 19 de Novembro de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inaugurou esta tarde no Museo Centro Gaiás a exposición Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade, a mostra máis ambiciosa realizada ata o momento sobre Cela e un dos actos centrais do programa preparado para conmemorar os cen anos do seu nacemento en Iria Flavia (Padrón).

Santiago, 17 de Novembro de 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrará os 150 anos do nacemento de Valle-Inclán nunha última sesión de Nexos, o ciclo de cultura contemporánea da Cidade da Cultura, que terá lugar o vindeiro 17 de decembro na Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Santiago, 16 de Novembro de 2016

A Cidade da Cultura recibíu esta tarde unha visita dun grupo de profesionais de grupos de comunicación, produtoras e empresas do mundo do cine e da televisión interesados en coñecer os diferentes espazos arquitectónicos do Gaiás para valoralos como localizacións de futuras producións audiovisuais.

Santiago, 11 de Novembro de 2016

A Biblioteca e o Arquivo de Galicia acaban de incorporar ao seu patrimonio documental e bibliográfico os fondos históricos doados por Manuel Banet López de Rego e por Alena Dobrkovska Kubickova. Trátase de dous mapas do século de XVII, do Reino de Galicia e mais de Bohemia, xunto cun singular exemplar da ‘Biblia’ do século XVI, escrito en castelán, e mais o incunable El libro de las propiedades de las cosas, datado do ano 1494.

Páxinas