Sala de prensa

 
Santiago, 07 de Xuño de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou hoxe a mostra Artesáns da madeira. As novas xeracións, na que se exhiben 33 prototipos de cadeiras creadas por alumnado de 11 centros con ciclos de FP da familia de Madeira, Moble e Cortiza, e das Escolas de Arte e Superior de Deseño de Galicia (EASD).

Santiago, 05 de Xuño de 2017

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou este venres a mostra Flor Novoneyra como unha viaxe no tempo que reflicte a Galicia segura de si mesma, orgullosa das súas raíces pero aberta a todas as influencias; “unha Galicia que explora outras culturas coa vontade de aprender e enriquecerse, capaz de sintetizarse despois en obras que esperan sentimentos universais, recoñecibles en calquera lugar do mundo, pero ao mesmo tempo nitidamente galegos”, explicou.

Santiago, 01 de Xuño de 2017
Siniestro Total

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrará o 17 de xuño no Gaiás o Día da Música coa actuación dun dos grandes emblemas do rock español: Siniestro Total. A banda viguesa subirá ao escenario da praza central da Cidade da Cultura a partir das 21 horas nun concerto que terá entrada libre e de balde.

Santiago, 01 de Xuño de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia acollerá do 24 ao 26 de novembro a terceira edición da Maker Faire, a maior feira de inventores do mundo. A celebración deste evento ten lugar no marco da sinatura do convenio entre a Fundación Fundación Cidade da Cultura a Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago, co que se renova o compromiso entre o Concello e a Xunta de Galicia na promoción da Cidade da Cultura como un espazo de creación empresarial no ámbito das industrias creativas.

Santiago, 30 de Maio de 2017
Flor Novoneyra

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria visitou esta mañá os traballos de montaxe de Flor Novoneyra, a nova exposición do Museo Centro Gaiás que abrirá as súas portas o 2 de xuño. Román Rodríguez conversou durante a súa visita con Antón Lamazares, o protagonista desta mostra que supón un encontro entre dous grandes da cultura galega: Lamazares e Uxío Novoneyra e que o propio artista do Deza define como o seu “testamento pictórico”.

Páxinas