Sala de prensa

 
Santiago, 13 de Outubro de 2016
Womex'16

O casco histórico de Santiago e a Cidade da Cultura de Galicia acollerán entre o 19 e o 23 de outubro a vixésima segunda edición de Womex. Arredor de 2.500 persoas de máis de 100 países, 300 músicos, entre eles os galegos Radio Cos, Xabier Díaz e Narf, e preto de 200 xornalistas se achegarán a Galicia para participar no maior evento internacional da música de raíz. Así mesmo, a feira durante o día incluirá 290 stands con máis de 700 empresas, ademais de 22 conferencias e 95 relatores de 35 países en 50 sesións, entre outras actividades.

Santiago, 13 de Outubro de 2016
Un Magosto de Medo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o vindeiro 5 de novembro no Gaiás un magosto familiar cos contos da narradora Raquel Queizás.

A partir das 18 horas, o Museo Centro Gaiás acollerá Un magosto de Medo, no que os participantes aprenderán a elaborar o tradicional rosario de zonchos, o colar de castañas cocidas típico do Día de Defuntos. E antes de comezar coa contada, nenos e maiores tiznarán a cara tal e como manda a tradición dos magostos.

Santiago, 08 de Outubro de 2016
EAN-Arxentina

A Xunta, a través da Fundación Cidade da Cultura, e o Goberno de Arxentina levarán á cidade austral de Córdoba o Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura de Galicia’, un evento destinado á promoción dos artistas emerxentes que se creou no Gaiás no ano 2011, onde o pasado mes de setembro cumpriu a súa sexta edición, consolidándose como unha das citas de referencia na axenda cultural de España.

Santiago, 03 de Outubro de 2016

Unha app para dar a coñecer os produtos de pequenos produtores, artesáns e iniciativas locais e a aplicación da tecnoloxía 3D á repostería son os dous proxectos gañadores da cuarta convocatoria dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco.

Santiago, 01 de Outubro de 2016
GenDR, proxecto gañador do Spin2016

GenDR, spin-off nada na Universidade de Santiago dedicada á farmacoxenómica foi un dos proxectos gañadores do Spin2016, o maior evento de emprendemento universitario de Iberoamérica, que se celebrou desde o xoves e ata hoxe na Cidade da Cultura.

Páxinas