Sala de prensa

 
Santiago, 05 de Xullo de 2017

A Cidade da Cultura acollerá do 3 ao 16 de novembro de 2018 o Mundial de Xadrez nas categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12, no que participarán ao redor de 3.000 persoas de case 100 países de todo o mundo. Así se deu a coñecer esta mañá no Concello de Santiago nun acto no que estiveron presentes o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; as concelleiras de Turismo e Deporte, Marta Lois e Noa Morales; a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez e os presidentes das Federacións Española e Galega de xadrez, Javier Ochoa de Echagüen e Gaspar Pérez Carnero.

Santiago, 28 de Xuño de 2017

Baixo o título Camilo José Cela (1916-2016). O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade, a Consellería de Cultura e Educación presentou hoxe unha compilación de artigos de distintos autores que ofrecen unha visión global do autor de Iria Flavia tanto no que se refire á súa traxectoria literaria como persoal.

Santiago, 26 de Xuño de 2017

Conecta Fiction, primeira feira dedicada a impulsar a coprodución de series de televisión entre Europa, Latinoamérica e os Estados Unidos de fala hispana, rematou na Cidade da Cultura coa firma dun memorándum de entendemento entre Galicia e Arxentina para promover de xeito conxunto a creación audiovisual.

Este é un dos principais acordos institucionais acadados estes días, entre os moitos que foron pechando as empresas privadas e as entidades públicas que están a participar no encontro televisivo que reuniu preto de 400 acreditados procedentes de 20 países.

Santiago, 22 de Xuño de 2017

Conecta FICTION, o primeiro evento internacional dedicado á coprodución de series televisivas entre Europa, Latinoamérica e Estados Unidos de fala hispana, está a desenvolver hoxe a súa segunda xornada de actividade, centrada en Arxentina como país convidado e no anuncio de varios proxectos de coprodución internacional.

Santiago, 21 de Xuño de 2017

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe na inauguración do Conecta Fiction e ante grandes empresas do audiovisual o potencial de Galicia para “crear contidos exitosos”. Neste senso, indicou que a “ficción con selo galego” e a “vocación internacional” constitúen “o noso produto” para contribuír “na idade de ouro das series”.

Páxinas