O Auditorio de Galicia de Santiago acolle hoxe ás 20,00 horas o concerto de apertura do encontro Conecta FICTION, no que a Real Filhamonía de Galicia interpretará as bandas sonoras de coñecidas series de televisión baixo a batuta de Geoffrey Styles.
Máis de 50.000 persoas pasarán durante os meses de xullo e agosto pola Cidade da Cultura de Galicia para participar en Verán no Gaiás, o programa cultural e de lecer previsto para este período estival.
Os representantes de máis de 35 canles de televisión de referencia internacional daranse cita en Santiago do 20 ao 23 de xuño para asistir a Conecta FICTION, primeiro encontro dedicado á coprodución de ficción televisiva (series e miniseries) entre Europa, Latinoamérica e Estados Unidos.
A xornada do Día Internacional dos Arquivos comezou esta mañá na Cidade da Cultura coa inauguración da mostra documental Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro (1717-1784), unha exposición coa que o Arquivo de Galicia recupera a figura do que foi o primeiro arquiveiro do Arquivo Xeral e Público de Galicia.
A Cidade da Cultura reúne hoxe no Museo Centro Gaiás a algúns dos máis importantes referentes do deseño industrial e de mobiliario actual no marco das Xornadas Académicas ‘Da árbore á cadeira’.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 191
- 192
- 193
- 194
- 195
- 196
- 197
- 198
- 199
- …
- seguinte ›
- última »




