A Cidade da Cultura de Galicia e o Instituto Galego do Viño promoverán desde o Centro de Emprendemento do Gaiás actividades formativas e de asesoramento que beneficiarán ás empresas emprendedoras.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición dos concellos de toda Galicia os espazos da Cidade da Cultura co fin de que poidan aproveitar as posibilidades arquitectónicas e a visibilidade deste complexo para todas as presentacións e actos promocionais que desexen levar a cabo na capital de Galicia.
A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha este xoves, 13 de xullo, o ciclo de cine ao aire libre no marco do Atardecer no Gaiás 2017. A primeira sesión será unha homenaxe a The Beatles polo 50 aniversario do disco Stg.
A Cidade da Cultura de Galicia acolleu este domingo o II Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que un total de catorce formacións de toda a comunidade interpretarán durante vinte minutos o repertorio elixido para a ocasión.
A programación de verán arranca este xoves na Cidade da Cultura, co primeiro concerto de Atardecer no Gaiás protagonizado por Malandrómeda e a primeira das sesións das andainas guiadas pola Fundación USC Deportiva Camiño ao Gaiás. Ademais, o venres dará comezo unha nova actividade para os máis pequenos: Unha noite no bosque, na que rapaces de 10 a 13 anos poderán gozar da natureza acampando nos espazos verdes do Gaiás.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 189
- 190
- 191
- 192
- 193
- 194
- 195
- 196
- 197
- …
- seguinte ›
- última »




