Sala de prensa

 
Santiago, 30 de Xaneiro de 2014

Santiago acolleu hoxe a presentación da etapa final da 69 Edición da Volta Ciclista a España. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; a xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz Loroño; o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo e o alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Curras, realizaron hoxe unha presentación sobre a etapa final desta relevante cita deportiva. A última etapa da competición ciclista máis importante do Estado celebrarase en Santiago de Compostela.

Santiago, 15 de Xaneiro de 2014

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, acompañado pola familia Sixto-Seco entregou esta tarde os premios ‘Emprende Gaiás-Sixto Seco’, promovidos pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia para poñer en marcha ideas innovadoras no mundo das industrias culturais e creativas.

Santiago, 23 de Decembro de 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través de Agadic e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, veñen de abrir un novo prazo de inscrición para o espazo de coworking ‘Emprende Cultura Gaiás, no que profesionais das industrias culturais poderán alugar un espazo onde desenvolver o seu proxecto.

Santiago, 20 de Decembro de 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de fallar os premios ‘Emprende Gaiás-Sixto Seco’, promovidos pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia para poñer en marcha ideas innovadoras no mundo das industrias culturais. Resultaron gañadores Hugo Crespo Pazos co proxecto Coolto na modalidade de proxectos culturais en internet, Isabel Albela González coa iniciativa Boh na área do deseño e Benjamín Trillo Díaz no eido da xestión cultural.

Santiago, 04 de Decembro de 2013

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, inaugurou esta tarde a exposición En ningún lugar. Unha memoria alternativa das Torres Hejduk, proxecto gañador da convocatoria feita pola Cidade da Cultura de Galicia entre os participantes no III Encontro de Artistas Novos para intervir nas torres. Cómpre destacar que este espazo esta dedicado acoller as creacións da vangarda creativa galega, un novo referente para as propostas artísticas dos autores emerxentes da comunidade.

Páxinas