A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dará a coñecer in situ, o vindeiro 14 de novembro, o nome dos gañadores dos V Premios Emprende Gaiás Sixto Seco, certame convocado pola Fundación Cidade da Cultura, coa colaboración do Igape e patrocionio de Afundación, co que se pretende favorecer o emprendemento no eido das industrias culturais.
A Biblioteca de Galicia pon en marcha unha serie expositiva para dar a coñecer entre a cidadanía as incorporacións máis recentes aos seus fondos.
O proxecto ‘AAMA’ (Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica) vén de ser elixido gañador da V Convocatoria de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, certame organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, en colaboración coa Deputación da Coruña, e aberto a todos os participantes no VII Encontro de Artistas Novos (EAN7), entre os que se atopaba o seu art
A Cidade da Cultura de Galicia convida este ano a gozar non dun, senón de dous Magostos no Gaiás, os vindeiros 11 e 18 de novembro, coa música de Susana Seivane e Luís Emilio Batallán, respectivamente, grazas á colaboración da AGADIC; e cunha protagonista que nunca pode faltar, a castaña. Desta vez, degustarase dun xeito orixinal, en diferentes petiscos que a levarán como ingrediente principal coa colaboración da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria homenaxea o músico galego Germán Lago co gallo do 50 aniversario do seu pasamento coa celebración, o 4 de novembro, na Biblioteca e Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura, dun relatorio-concerto a cargo do guitarrista e investigador Samuel Diz e do recoñecido Cuarteto Aguilar.
Esta homenaxe servirá para que as persoas asistentes se acheguen aos principais fitos biográficos de Germán Lago nun relatorio do guitarrista e investigador galego Samuel Diz seguido dun concerto do Cuarteto Aguilar.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- 190
- …
- seguinte ›
- última »




