Sala de prensa

 
Santiago, 15 de Maio de 2017

A semana das Letras Galegas comezou esta mañá na Cidade da Cultura coa presentación da tradución ao inglés da obra Ilustrísima, de Carlos Casares, que acaba de ver a luz na colección Galician Classics, un proxecto editorial promovido pola Secretaría Xeral de Cultura e mais polo selo Small Stations Press para a difusión exterior da literatura galega.

Santiago, 12 de Maio de 2017
Flor Novoneyra

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anuncia que o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia acollerá a partir de 2 de xuño Flor Novoneyra, unha ambiciosa exposición sobre un dos pintores galegos con maior recoñecemento e proxección internacional: Antón Lamazares (Lalín, 1954).

Santiago, 10 de Maio de 2017

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a Xunta está xa a elaborar unha estratexia de FP para a vindeira década co obxectivo de convertela nun elemento clave para a creación de emprego. Con esta finalidade avogou por seguir coordinados co tecido socioeconómico e avanzar nas melloras dos centros.

Santiago, 09 de Maio de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, vén de manter un encontro en Bos Aires co presidente da Academia Argentina de las Letras, José Luis Moure, no que lle deu a coñecer a actividade da Biblioteca e Arquivo de Galicia, da Cidade da Cultura, como institución destinada a preservar a memoria bibliográfica e documental dos galegos.

Santiago, 08 de Maio de 2017
Día dos Museos

A Cidade da Cultura celebra o vindeiro 20 de maio os cinco anos do Museo Centro Gaiás cunha xornada festiva para todos os públicos. Coincidindo coa celebración do Día dos Museos (que se conmemora o 18 de maio), o Museo Centro Gaiás acollerá un programa de actividades de balde, entre as 12:30 e as 20 horas, que inclúe xogos tradicionais, música, obradoiros e exposicións.

Páxinas