O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, vén de acordar co delegado xeral de Gas Natural Fenosa en Galicia, Manuel Fernández Pellicer, que a compañía eléctrica se converta nun dos patrocinadores oficiais da nova exposición da Cidade da Cultura: Auga Doce, que abrirá as súas portas o 21 de marzo no Museo Centro Gaiás.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca a segunda edición dos premios ‘Emprende Gaiás-Sixto Seco’, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou co director xeral da Financiera Maderera S.A. (FINSA), José Carballo García, un acordo de colaboración para a doazón de material con fins museográficos para a exposición Auga Doce que se inaugurará o vindeiro 21 de marzo no Museo Centro Gaiás.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a celebración da VIII edición de Arco Verde, a exposición de planta ornamental máis importante do noroeste peninsular coa que se pretende impulsar varias rutas turístico-culturais de Galicia.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inaugurará o vindeiro 21 de marzo a terceira grande exposición da Cidade da Cultura: ‘Auga Doce’. Esta será unha mostra multidisciplinar formada por 700 obras nas que grandes mestres da arte lle renden unha homenaxe a un elemento clave na identidade galega como é a auga doce. A mostra non terá custo para a Xunta de Galicia xa que estará financiada polo patrocinio de empresas privadas, acordos que se darán a coñecer proximamente.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- 192
- 193
- 194
- 195
- …
- seguinte ›
- última »