O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu hoxe a entrega dos Premios Emprende Gaiás - Sixto Seco, unha quinta edición destes galardóns na que cabe salientar que os proxectos gañadores das tres categorías están liderados por mulleres.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Galicia Sustentable celebran na Cidade da Cultura de Galicia o vindeiro 1 de decembro InquEDU: Falemos de Educación, unha xornada para compartir iniciativas, divulgar ideas e fomentar o debate a reflexión sobre propostas educativas innovadoras.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a desenvolver o Plan de Humanización dos espazos exteriores do Gaiás co axardinamento dos seis aparcadoiros ao aire libre e co remate e posta en servizo do Párking 3 –anexo á estrutura do Teatro da Música-.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destaca a “creatividade e extraordinaria preparación” dos alumnos e alumnas que participaron na sétima edición de Despunte, o desfile de moda organizado polos alumnos e profesores da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, que se celebrou esta tarde no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.
O Arquivo de Galicia recibiu hoxe o legado artístico e intelectual do músico galego Germán Lago (Vigo, 1883 – Madrid, 1967), que chega á súa terra natal cando se cumpren 50 anos do seu pasamento.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- …
- seguinte ›
- última »




