A Cidade da Cultura de Galicia exhibe no Instituto Cervantes de Nova Delhi a exposición ‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’, mostra sobre a obra dun dos referentes da historia da fotografía en Galicia e España na primeira metade do século XX. Tras o seu paso por Madrid, Bos Aires, Montevideo, París e O Xapón, un dos países que máis marcaron a traxectoria profesional e vital de José Suárez, a mostra chega á capital da India.
A Cidade da Cultura de Galicia vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia para impulsar o emprendemento no Gaiás. En virtude deste acordo, o Centro de Emprendemento Creativo cederalle de balde un espazo para que AJE Galicia localice no CEM a súa delegación en Santiago de Compostela.
A Cidade da Cultura de Galicia vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) da provincia de Pontevedra para impulsar o emprendemento no Gaiás. En virtude deste acordo, o Centro de Emprendento do Gaiás cederalle de balde dous espazos aos gañadores dos premios que convoca anualmente: Joven Empresario y Joven Emprendedor del Año, á vez que se integrarán no seu programa de formación.
A Cidade da Cultura, no marco de programas de actividades asociadas á exposición de Antón Lamazares Flor Novoneyra, acollerá o sábado 14 de outubro un concerto de Uxía, onde a artista interpretará temas do seu novo traballo, un libro-disco no que canta poemas de Uxío Novoneyra.
A Cidade da Cultura de Galicia acollerá o sábado 14 de outubro o concerto do último traballo musical da cantante Uxía, en homenaxe ao escritor Uxío Novoneyra, cuxos versos traducidos ao Alfabeto Delfín forman parte da mostra Flor Novoneyra, de Antón Lamazares.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- …
- seguinte ›
- última »




