A Cidade da Cultura de Galicia celebrará, en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) da Agadic, o ciclo Vai de cine, nunha clara aposta pola produción audiovisual galega máis recente e tamén máis premiada coa proxección os días 15, 16 e 17 de decembro das fitas ‘El desconocido’, ‘María y los demás’ y ‘Mimosas’.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida as familias a gozar do Nadal no Gaiás cunha programación que inclúe exposicións, campamentos e espectáculos que xiran ao redor do mundo do circo. Botará a andar o 21 de decembro coa inauguración da mostra Fantasía de Nadal e rematará o 7 de xaneiro, coincidindo coa fin das vacacións escolares por estas festas.
A Cidade da Cultura acolle hoxe a derradeira edición do TEDxGalicia, evento que se despide tras oitos anos nos que estas charlas se consolidaron como unha cita de referencia da divulgación, acreditando a súa capacidade para encher auditorios cun público curioso, inquedo e interesado en escoitar “ideas que paga a pena ser difundidas”, como reza o lema deste proxecto.
A Cidade da Cultura de Galicia converteuse hoxe nun espazo para presentar proxectos pedagóxicos innovadores que se están a ensaiar con éxito en centros educativos galegos e que representan novas abordaxes didácticas a temas como a diversidade sexual, a igualdade de xénero, a aplicación das tecnoloxías dixitais nas aulas ou a aprendizaxe de idiomas.
A Cidade da Cultura de Galicia volverá celebrar a fin de semana do 20 e 21 de xaneiro de 2018 o festival infantil de curtas PequeFilmes, tras o éxito da anterior edición na que participaron 1.500 rapaces e rapazas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- …
- seguinte ›
- última »




