A segunda edición do Festival de curtas infantís, Pequefilmes ofrecerá a posibilidade de ver nunha soa fin de semana –a do 20 e 21 de xaneiro– máis dun cento de fitas, distribuídas en 23 sesións e procedentes de 33 países dos cinco continentes, que serán completadas con obradoiros de creación e experimentación cinematográfica, tamén dirixidos á cativada.
O ciclo de cultura contemporánea Nexos regresa en 2018 á Cidade da Cultura de Galicia da man, de novo, de Marcos Lorenzo e con cinco sesións, do 27 de xaneiro ao 16 de xuño, nas que se volverán combinar relatorios didácticos, amenos e distendidos a cargo de destacados expertos con innovadoras e vangardistas actuacións artísticas.
A Cidade da Cultura de Galicia convida as familias á descuberta da maxia dos circos coa exposición Fantasía de Nadal, composta por preto de 40 pezas e case 50 personaxes, realizados de xeito artesanal, e que forman parte das escenografías máis impactantes coas que a compañía galega ‘La Fiesta Escénica’ ten percorrido con enorme éxito todo o mundo, desde Roma ata Las Vegas.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ao Xardín do Teatro do Gaiás como un paso máis cara a unha cidade verde e da cultura máis viva, dinámica e acolledora, garantindo así o compromiso do Executivo autonómico cunha Cidade da Cultura “útil, digna e proporcionada” da que poidan gozar todos os galegos e galegas.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, anunciaron esta mañá que o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acollerá do 16 de marzo ao 14 de outubro de 2018 a exposición Galicia universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- …
- seguinte ›
- última »




