Entrega dos V Premios Emprende Gaiás Sixto Seco - Conferencia de Emilio Duró

A Cidade da Cultura de Galicia celebra a entrega dos V Premios Emprende Gaiás - Sixto Seco, nun acto no que os e as participantes que enviaron o seu proxecto cultural innovador coñecerán 'in situ' se os seus traballos resultaron galardoados.

Conducido pola xornalista Belén Xestal, coñeceranse os gañadores das tres modalidades establecidas nos Premios Emprende Gaiás - Sixto Seco:

  • Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet
  • Proxectos na área do deseño, creación artística e plástica
  • Iniciativas innovadoras na área da xestión cultural

Os proxectos gañadores recibirán un premio en metálico de 2.000 euros e incorporaranse de balde durante doce meses ao espazo de coworking do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, onde recibirán apoio a través dun programa de titorización, formación e asesoramento personalizado para o desenvolvemento dos seus respectivos proxectos.

Tras o acto de entrega dos premios, contarase coa conferencia de Emilio Duró, coñecido asesor, consultor e formador nas primeiras empresas do país.

A conferencia que leva por título 'No vale renderse' procura mellorar a motivación e a mentalidade positiva dos asistentes fronte aos novos retos, facilitanto novas ideas para xestionar os cambios, mellorar a vida persoal e profesional, proporcionar técnicas para xestionar os cambios, mellorar a vida persoal e profesional, proporcionar técnicas para xestionar emocións, vencer os medios que nos atenazan e asumir a responsabilidade das nosas vidas e das nosas accións. Para iso, o relatorio incide no feito de que a formación das principais  empresas del mundo se está centrar no desenvolvemento de actitudes mentais positivas nos seus empregados.

Tras a conferencia e para rematar o acto, haberá un ‘showcase’ de tortas, elaborado por un dos gañadores da pasada edición, Daniel Diéguez, quen se fixo co Sixto Seco con Cake Artist, que traslada ao mundo da repostería as técnicas de impresión 3D.

Con ampla experiencia profesional en ensino, deseño, ilustración, dirección artística e pastelería, Daniel Diéguez continúa, na actualidade, a dar pasos adiante na conexión da repostería creativa e a arte, tal e como demostrará coas súas creacións comestibles o vindeiro 14 de novembro.

Con esta nova edición, os Premios Emprende Gaiás Sixto Seco consolídanse como unha das liñas de programación da Cidade da Cultura destinadas a favorecer o emprendemento no eido das industrias culturais.

Neste senso, o empredemento figura, xunto coa tecnoloxía e a cultura, como un dos tres eidos nos que opera o Gaiás, cun Centro de Emprendemento no que actualmente 350 persoas están impulsando proxectos innovadores. Este centro ofrece un espazo de coworking e un viveiro de empresas, ademais dunha área tecnolóxica na que compañías punteiras, como Telefónica, HP ou Vodafone, en colaboración coa Amtega, están desenvolvendo proxectos de apoio a start-up galegas.

Máis aló dos recursos dirixidos aos emprendedores con sede na Cidade da Cultura, o Gaiás desenvolve unha programación que ten por obxecto estimular o talento e crear cultura emprendedora en Galicia, con eventos como as charlas TEDxGalicia, que se celebrarán a primeira semana de decembro, ou o Spin, o maior evento de emprendemento universitario de América Latina, que chegou a congregar na Cidade da Cultura a 3.500 persoas procedentes dun cento de universidades de España, Portugal e América Latina.

 
Intercambio
 
Do 24 ao 26 de Novembro